Blog elaborado polo alumnado de 2º Pmar do Ies Perdouro de Burela. (Ámbito lingüístico-social)
xoves, 25 de outubro de 2018
SAMAÍN. VEN PASAR MEDO Á BIBLIOTECA!
Estamos preparando un recreo arrepiante... Se che gustan as historias de medo, pásate pola biblioteca o mércores 31 no recreo...
Actividade organizada polo alumnado de 2º Pmar e dirixida a alumnado de 1º ESO
AXENDA CULTURAL DA MARIÑA. 26-27-28 DE OUTUBRO.
aquí vos deixamos a axenda cultural para esta fin de semana (do 26 ao 28 de outubro) #HaiMoitoQueFacerPolaMarinha #AxendaCulturalMarinha
luns, 22 de outubro de 2018
XXVIII FESTA DA FABA (LOURENZÁ)
INTRODUCIÓN
A Festa da Faba naceu en 1990 por unha iniciativa do Concello de Lourenzá para aumentar o consumo da faba e subir o seu prezo.
Celébrase sempre a primeira fin de semana de outubro.
Na Festa da Faba fanse degustacións gastronómicas e tamén outro tipo de actos culturais.
O principal obxectivo da celebración é promover a Faba de Lourenzá como un produto de calidade. A celebración pretende, apoiar aos fabeiros, hostaleiros e comerciantes, imprescindibles no desenvolvemento económico deste legume.
Por último, preténdese dar a coñecer os bens patrimoniais e culturais do val de Lourenzá.
PREGOEIRA 2018
Marta Docampo Pérez é a pregoeira da XXVIII Festa Da Faba. É do pobo de Lourenzá, estudou Belas artes e actualmente reside en Madrid. Estudou en Salamanca e traballou en varios medios de comunicacion, actualmente traballa no mundo do periodismo.
CARTEIS DA FESTA
Na XI edición nacía A lenda das artes. Dende o 2001 poríase en valor o cartel promocional da Festa, que a partir dese momento pasou a ser deseñado por recoñecidos artistas vencellados coa comarca de Lourenzá.
Cartel
da festa da faba, 2018.
Foi
creado por Aixa Paz Mora, licenciada en Belas Artes.
|
Cartel
da festa da faba, 2014.
Foi
creado por Mila Orol.
|
Cartel
da festa da faba, 2015.
|
CONCURSO
DA FOTOGRAFÍA DA FESTA DA FABA
Na
novena edición da Festa da Faba, en 1999, adoptouse o lema Cando
a natureza é arte para facer referencia á relación que
existe entre a arte e a faba.
É
un concurso fotográfico que está a acadar unha gran relevancia
dentro dos circuítos nacionais. Arredor de 120 obras concorren ao
certame, que en cada edición trata dunha temática diferente
proposta pola organización.
A
continuación poderás ver as fotos gañadoras do XVIII Concurso
Fotográfico Festa da Faba de Lourenzá, a cargo do viveirense
Francisco López López:
RECOMENDACIÓNS
PARA ESTA EDICIÓN
VENRES
5 DE OUTUBRO
-
Ás 20:30h cata comentada de viño a cargo da Adega Melillán e
Fillos.
SÁBADO
6 DE OUTUBRO
-
Ás 12:00h pregón a cargo da periodista laurentina Marta Docampo
Pérez.
-
Ás 12:30h Showcooking a cargo
da Asociación de Cociñeiros da Mariña.
-
Ás 13:00h degustación popular da faba de Lourenzá (Praza Linares).
-
Ás 21:00h concertos do grupo ARODA (Campo dos Bolos)
DOMINGO
7 DE OUTUBRO
-
Ás 10:00h IX Carreira popular Val dos Fabas (Cantón)
-
Ás 11:00h fútbol:
Excavacións Ramsei-A Pontenova
-
Ás 18:30h Xuntanza folklórica organizada pola Asociación cultural
Osorio Gutierrez
-
Cooparticipación do grupo TUMBAE DALLE (Cantón)
Traballo elaborado polo alumnado de 2º Pmar
venres, 19 de outubro de 2018
AXENDA CULTURAL DA MARIÑA. 19-20-21 DE OUTUBRO
Boas a tod@s,
aquí vos deixamos a axenda cultural para esta fin de semana (do 19 ao 21 de outubro) #HaiMoitoQueFacerPolaMarinha #AxendaCulturalMarinha
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)