luns, 22 de outubro de 2018

XXVIII FESTA DA FABA (LOURENZÁ)


INTRODUCIÓN

A Festa da Faba naceu en 1990 por unha iniciativa do Concello de Lourenzá para aumentar  o consumo da faba e subir o seu prezo.

Celébrase sempre a primeira fin de semana de outubro.

Na Festa da Faba fanse degustacións gastronómicas e tamén outro tipo de actos culturais.

O principal obxectivo da celebración é promover a Faba de Lourenzá como un produto de calidade. A celebración pretende,  apoiar aos  fabeiros, hostaleiros e comerciantes, imprescindibles no desenvolvemento económico deste legume.
Por último, preténdese dar a coñecer os bens patrimoniais e culturais do val de Lourenzá.

PREGOEIRA 2018
Marta Docampo Pérez é a pregoeira da XXVIII Festa Da Faba. É do pobo de Lourenzá, estudou Belas artes e actualmente reside en Madrid. Estudou en Salamanca e traballou en varios medios de comunicacion, actualmente traballa no mundo do periodismo.

CARTEIS DA FESTA

Na XI edición nacía A lenda das artes. Dende o 2001 poríase en valor o cartel promocional da Festa, que a partir dese momento pasou a ser deseñado por recoñecidos artistas vencellados coa comarca de Lourenzá.


Cartel da festa da faba, 2018.
Foi creado por Aixa Paz Mora, licenciada en Belas Artes.


Cartel da festa da faba, 2014.
Foi creado por Mila Orol.


Cartel da festa da faba, 2015.



CONCURSO DA FOTOGRAFÍA DA FESTA DA FABA


Na novena edición da Festa da Faba, en 1999, adoptouse o lema Cando a natureza é arte para facer referencia á relación que existe entre a arte e a faba.

É un concurso fotográfico que está a acadar unha gran relevancia dentro dos circuítos nacionais. Arredor de 120 obras concorren ao certame, que en cada edición trata dunha temática diferente proposta pola organización.
A continuación poderás ver as fotos gañadoras do XVIII Concurso Fotográfico Festa da Faba de Lourenzá, a cargo do viveirense Francisco López López:




RECOMENDACIÓNS PARA ESTA EDICIÓN

VENRES 5 DE OUTUBRO

- Ás 20:30h cata comentada de viño a cargo da Adega Melillán e Fillos.


SÁBADO 6 DE OUTUBRO

- Ás 12:00h pregón a cargo da periodista laurentina Marta Docampo Pérez.

- Ás 12:30h Showcooking a cargo da Asociación de Cociñeiros da Mariña.

- Ás 13:00h degustación popular da faba de Lourenzá (Praza Linares).

- Ás 21:00h concertos do grupo ARODA (Campo dos Bolos)


DOMINGO 7 DE OUTUBRO

- Ás 10:00h IX Carreira popular Val dos Fabas (Cantón)

- Ás 11:00h fútbol: Excavacións Ramsei-A Pontenova

- Ás 18:30h Xuntanza folklórica organizada pola Asociación cultural Osorio Gutierrez 
 
- Cooparticipación do grupo TUMBAE DALLE (Cantón)


Traballo elaborado polo alumnado de 2º Pmar

Ningún comentario:

Publicar un comentario