O pasado día 31 de outubro fixemos unha lectura dramatizada polo día de Samaín. Eleximos dous relatos recollidos do folclore norteamericano por Alvin Schwartz. O relato
titulado "Ruidos" foi gravado coa axuda da profesora Marga López para
distorsionar a voz de Rafa e engadir música tenebrosa e efectos
especiais terroríficos. O outro relato foi lido por Andrea en directo e
titulábase "A cousa". En ambas representacións fixemos unha dramatización que acompañaba á lectura dos textos. A aparición dun ente sobrenatural na total escuridade da biblioteca fixo que o público tremese e pasabe moito, moito medo. Grazas a todos pola vosa asistencia.
Podedes ver máis fotos e tamén escoitar o audio na seguinte ligazón
Ningún comentario:
Publicar un comentario